Rekulak, Jason.

Figuras ocultas / Jason Rekulak ; ilustracións de Wil Staehle e Doogie Horner ; tradución do inglés de Ana Isabel Sánchez. - 1ª ed. - Madrid : Nocturna Ediciones , 2022 - 432 p. ; 23 cm. - Noches negras .

Recentemente saída de rehabilitación pola súa pasada adicción ás drogas, Mallory Quinn acepta un traballo como aia para Ted e Caroline Maxwell.

A Mallory axiña lle encanta o seu traballo, dálle xusto a estabilidade que buscaba. E adora a Teddy, un neno tímido que vai a todas partes co seu caderno de bosquexos e o seu lapis. Os seus debuxos mostran cousas normais: árbores, coellos, globos... Ben, e ás veces tamén a unha muller de aspecto estraño, a súa amiga imaxinaria.

Pero un día no caderno aparece algo diferente: un home que vai arrastrando un corpo no medio dun bosque.

Aos poucos, os debuxos de Teddy vólvense cada vez máis sinistros e as súas figuras de pau convértense en ilustracións realistas, cuxa destreza supera a de calquera neno de cinco anos. É entón cando Mallory empeza a preguntarse non só polo contido das ilustracións, senón tamén polo autor. Porque e se realmente non é Teddy quen as está a facer? E se se trata de... alguén máis?

Con este thriller sobrenatural, Jason Rekulak dá un enxeñoso xiro á clásica historia de terror cunha casa chea de segredos arrepiantes e talvez unha narradora non moi fiable. Ou si?


1º-2º BAC 3º-4º ESO

9788418440618


Terror
Misterio
Pantasmas
Sobrenatural

821.111(73)-31"19"

Coa tecnoloxía Koha