Ziegler, Jennifer
Maspeor / Jennifer Ziegler - 1ª - Barcelona : Destino , 2023 - 320 px ; 21 cm
Matthew Aspeor ten doce anos, ningún amigo e unha obsesión polas palabras. Pero el é feliz na súa tranquila vida, da casa ao colexio e do colexio á casa. Só lle molesta un pouco que os seus compañeiros decidisen poñerlle de alcume Maspeor, unha palabra que nin sequera sae no dicionario, aínda que tampouco vai deixar que iso se converta nun problema…
Todo cambia na tranquila vida de Matt cando súa nai sofre un derrame cerebral e Iris, a súa tía, se muda á súa casa. Con ela, tamén trae os seus gatos, os seus proxectos de arte, a súa música estridente e a súa roupa rechamangueira.
Totalmente perdido e desbordado pola situación, Maspeor só quere volver atrás, a como eran as cousas antes de que a súa nai sufrise o derrame. Pero sabe que é imposible… Por iso, buscará un refuxio. E o seu salvavidas chegará na forma dun club literario formado por mozos que están igual de obsesionados ca el coas palabras. Xunta eles, atopará a forza para deixar atrás ese presente que tanto odia e adentrarse nun futuro cheo de palabras que só el pode escribir…
1º-2º ESO 3º-4º ESO
9788408268512
Superación
Diversidade
Acoso
Bullying
Lectura
82