Quintana, Pablo

Edelmiro Méndez : Da terra que fomos . Colección. Imaxes dun país. Vol. 4 / dos textos: José M. Salgado, Xosé Manuel Méndez, Xoan Cuba, Anxo Fernández Ocampo - 1ª - A Coruña : Editorial Canela , 2023 - 276 p. : Imaxes en branco e nego ; 225x230x20 mm. - Imaxes dun país Vol. 4 .

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz,
contén 226 fotografías das que 219 foron tomadas por Edelmiro Méndez
entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lucense da Pontenova,
conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que
representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas,
cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois.

A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden
o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co
fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e
por exercer anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa
esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.

O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo
rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas,
romarías, xogos, diversións, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola,
festivo etc.

Completan a obra os textos de bos coñecedores da obra fotográfica de Edelmiro
Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José
M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández
Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo,
e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.


1º-2º BAC

9788409411382


Cultura popular--Novelas
Fotografía


A Pontenova--Fotografías

77 39

Coa tecnoloxía Koha