Ferreiro García, Sandra (2000-)

Castelos de cristal / Sandra Ferreiro García - 1ª edición - Vigo : Galaxia , 2024 - 148 p. ; 21 cm - ( Costa oeste ) .

Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos e recolla os restos desas historias perdidas.

Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.

3º-4º ESO

9788411763233


Relatos
Relatos--Contos

821.134.4-32"20"

Coa tecnoloxía Koha