Queipo, Xavier 1957-

Corazón de manteiga / Xavier Queipo - 1ª ed.; 1ª reimp. - Vigo : Galaxia , 2020 - 212 p. ; 21 cm - (Literaria (Galaxia) ; 417) .

Mauro goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha espiral de tormentos e inseguridades. Cunha escritura que vai mudando desde o relato naturalista á memoria esnaquizada, Xavier Queipo conta nesta novela a historia dunha vida marcada pola diferenza.
O seu protagonista, Mauro, xunta as forzas que lle quedan para vindicar unha experiencia que ninguén cre e liberarse dunha dúbida terrible que condiciona a súa existencia. Esta é a historia dun home engaiolado en si mesmo, dun deses ícaros que aprenden a voar ata a extenuación das forzas e da ilusión.
Unha novela para ler co corazón. Narrada cunha prosa precisa, coa tensión necesaria para deixar de lado a convención literaria e a estreiteza existencial.

1º-2º BAC

978-84-9151-489-3


Diversidade


Vida cotiá--Novelas
Desenvolvemento persoal--Novelas
Mocidade--Novelas
Diversidade--Novelas

821.134.4-31"19/20"

Coa tecnoloxía Koha