Freire, Espido (1974-)

El chico de la flecha : una aventura en Emerita Augusta / Espido Freire - 5ª ed - Madrid : Anaya , 2016 - 240 p. ; 14.5 x 20.5 cm

Novela histórica ambientada en Emerita Augusta (Mérida) que nos traslada á Hispania romana do século I.

Marco é un mozo como calquera outro que poderiamos atopar hoxe en día: intelixente, sensible, con moitas cualidades e tamén moitos medos. Con doce anos, atópase nesa idade na que a vida cambia para sempre; na que deixa atrás ao neno sen responsabilidades e comeza a dar pasos no camiño dos adultos. A súa historia e as súas preocupacións poderían ser as de calquera outro adolescente, e os seus erros, moi parecidos.

A única diferenza é que Marco vive no século I d. C. en Emerita Augusta, a actual Mérida, unha cidade da Hispania romana onde conviven cidadáns libres con escravos, onde as mulleres se atopan tuteladas polos seus familiares, e onde a sociedade, aínda que sofisticada, goza de entretementos violentos.

Marco, xunto co seu amigo Aselo, equivocarase, aprenderá a pedir axuda e, en definitiva, fará o que calquera outro mozo da súa idade: medrar.


1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788469809075


Escravitude


Imperio romano
Mundo clásico
Aventuras
Roma
Mérida

X

Coa tecnoloxía Koha