Leyshon, Nell,

La Escuela de canto / Nell Leyshon ; traducción de Mariano Peyrou - Primera edición: 2022. - 217 páxinas ; 23 cm.

Inglaterra, 1573. Os días da pequena Ellyn pasan traballando de sol a sol na humilde granxa da súa familia, paleando o esterco dos animais e recibindo os desprezos e golpes do seu irmán Tomas. Dende que o seu pai quedou incapacitado nun accidente, e máis aínda agora que unha nova irmá pequena, Agnes, chegou a este mundo de miseria e privacións, todos teñen que romper o lombo aínda máis para garantir o sustento. Neste ambiente de brutalidade, cansazo e suciedade, a única alegría de Ellyn é Agnes, coa que está unida por un vínculo moi especial. Todo dará un xiro inesperado o día que Ellyn vaia ao mercado e, movida pola curiosidade, entra nunha igrexa baleira onde escoita unha canción como nunca antes escoitou, unha canción que a sacude, que a fai flotar. A partir dese preciso momento comeza a medrar no seu interior un poderoso desexo: entrar na escola de canto, onde os mozos aprenden a cantar, pero tamén a ler e escribir, un lugar onde nunca se pasa fame e onde, porén, se lles nega o acceso ás nenas. A determinación de cumprir o seu soño levará a Ellyn a rebelarse e facerse pasar por un neno, pero canto tempo pode manter o engano? Canto tempo poderá soportar eses grilletes impostos á verdade do seu corpo? Escrita cun talento formidable para reflectir a fala dunha nena criada nun medio rural e transmitir cunha linguaxe tan persoal unha enerxía, liberdade e visión das cousas de enorme alento poético, "La escuela de canto" narra o camiño sen volta atrás dunha rapaza analfabeta que descobre que o mundo é moito máis grande do que nunca sospeitou, un mundo fermoso e inxusto no que un agasallo pode levarte moi lonxe e os prexuízos condénante de por vida; un mundo que hai que cambiar, sexa o que sexa, para legarllo aos que máis queremos.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788418342899


Canto.
Música.
Aprendizaxe.

821.111-3"20"

Coa tecnoloxía Koha