Cajaraville, Héctor

Denébola a Roxa /Héctor Cajaraville - 1ª ed. - A Coruña :Baía Edicións ,2016 - 197 p. : il. b/n ;19 cm

VII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2016

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

9788499952109


Aventuras
Adolescencia
Liberdade
Diversidade
Perseveranza

82 N

Coa tecnoloxía Koha