A flor perdida do xamán de K / Davide Morosinotto
por Morosinotto, Davide [autor/a]
; Barcia, Moisés [tradutor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-NG MOR flo | Dispoñible | LED036000007647 |
|
Perú, 1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasa desapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moi louro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente a El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Laila coñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en 1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunha flor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notas de Clarke ten un gran poder curativo. Xusto nese momento chega o diagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nome á súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas. Ou talvez si. Aínda hai unha cousa que os dous amigos poden facer xuntos: encontrar a Flor Perdida que quizais poida curar a Laila. E cambiar o destino de ambos. Comeza así unha longa e inesperada viaxe que os levará dende os Andes ata a selva amazónica, desafiando terroristas, narcotraficantes e unha natureza maxestosa e terrible.
3º-4º ESO