Lo que nos queda del mundo / Erik J. Brown ; tradución do inglés de Ana Isabel Sánchez
por Brown, Erik J [autor/a]
; Sánchez, Ana Isabel [tradutor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-N BRO que | Dispoñible | LED036000007665 |
|
Cando Andrew se atopa por casualidade coa casa de Jamie, está ferido, morto de fame e xa non ten nada que perder. Un patóxeno letal acabou con gran parte da poboación mundial, incluídos todos os seres queridos dos dous mozos. Se algo aprenderon neste novo mundo é que deben ter medo do que outras persoas desesperadas poderían facerlles... Así que por que lles resulta tan fácil confiar o un no outro?
Cando o perigo irrompe no seu refuxio, foxen cara ao sur en busca da civilización. Pero na historia de Andrew hai algo que non acaba de encaixar e que podería arrebatarllo todo a ambos. Jamie tamén garda un secreto. Está a empezar a sentir algo máis que amizade por Andrew e iso engádelle outra capa de medo e confusión a unha viaxe xa de seu tumultuoso.
O camiño que se estende diante deles é longo e, para sobrevivir, terán que desposuírse dos seus segredos, afrontar as consecuencias das súas accións e atopar o valor necesario para loitar xuntos polo futuro que desexan. Só existe unha certeza: o único que queda no mundo é a innegable atracción que senten o un cara ao outro.
3º-4º ESO