Las minas de hierro de Villaodrid : El fracaso de un proyecto extraordinario / Gabriel Ramallal Fernández
por Ramallal Fernández, Gabriel [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 33 RAM min | Dispoñible | LED036000007760 |
|
Na praza onde hoxe se atopa a sede do Concello da Pontenova (Lugo), a finais do século XIX todos os domingos celebrábanse as feiras "non autorizadas" do municipio de Villameá, ao socaire da fácil ligazón que brindaba unha ponte de recente construción que, cruzando o río Eo, unía este municipio co contiguo de Villaodrid. Ademais dun mesón e algunhas -moi poucas- casas, ningunha outra edificación se achaba naquela paraxe ao que dificilmente podía cualificarse como algo máis ca lugar ou caserío
Nos comezos do século XX unha entidade biscaíña, a Sociedade Mineira de Villaodrid, inicia a explotación do xacemento de mineral de ferro situado neses pagos, na marxe dereita do río Eo, e constrúe un ferrocarril para a conexión do coto mineiro coa localidade costeira de Ribadeo, a 35 quilómetros de distancia, onde erixe un embarcadoiro metálico para a descarga do mineral nos buques mercantes que o debían transportar ás grandes fábricas de aceiro de Alemaña e Gran Bretaña.
Desde abril de 1903 ata o inicio da Gran Guerra, que practicamente paraliza a actividade extractiva, uns cincocentos traballadores son empregados na explotación do xacemento e ata oito trens, entre os de mineral e os de viaxeiros, circulan diariamente en cada sentido configurando unha entidade económica sen parangón posible con ningunha outra que existise na comarca do Eo e cuxos avatares, alegrías e decepcións constitúen a parte esencial do contido deste libro. Ao abrigo dos xornais que a sociedade mineira esparexía pola comarca empezouse a construír a actual vila da Pontenova e no curto espazo dunha década, máis de dúas ducias de casas, todas elas con comercio ou obradoiro na planta baixa, amoreábanse nas proximidades da mina.
Este negocio mineiro non era máis nada que o primeiro banzo dun extraordinario proxecto elaborado polo ilustre biscaíño don Julio Lazúrtegui, cuxo desenvolvemento contemplaba a explotación das minas de San Pedro en Fonsagrada e as de Incio e Poboa do Brollón ata desembocar no fabuloso coto Wagner no Bierzo cos seus enormes reservas de 200 millóns de toneladas de mineral de ferro. Nos seus cálculos estaba prevista a exportación de ata millón e medio de toneladas anuais polo porto de Ribadeo, co consecuente desenvolvemento das poboacións situadas na ría do Eo. A Gran Guerra e as súas secuelas económicas foron devastadoras para o comercio do mineral de ferro español e o proxectado ferrocarril que debía unir Villafranca del Bierzo con Villaodrid resultou economicamente inviable.
A poboación do municipio da Pontenova - nacido da unión dos de Villameá e Villaodrid - que na primeira década do século XX rozaba os 7.000 habitantes, comeza un declive paulatino ata chegar aos escasos 2.300 habitantes da actualidade, que a levan a formar parte da que hoxe se deu en chamar a "España baleirada". Nas próximas décadas a robótica, a intelixencia artificial, a computación cuántica alumarán unha revolución tecnolóxica que, moi probablemente, dará lugar a novos modos de vida, relacións e asentamentos humanos inimaxinables para os que hoxe ocupamos os primeiros anos do século XXI. Oxalá iso traia a prosperidade e o benestar para as pracenteiras comarcas asturianas e galegas asentadas na conca do río Eo.
Adultos/as