El descontento / Beatriz Serrano
por Serrano, Beatriz (1989-) [autor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-N SER des | Dispoñible | LED036000008061 |
|
O descontento é a historia de Marisa, unha muller na trintena que vive anestesiada mediante orfidais e vídeos de Youtube para soportar as rutinas e pesares do seu día a día nunha axencia de publicidade. Tan só acode presencialmente á oficina para aforrar diñeiro en aire acondicionado durante o sufocante agosto madrileño. Marisa odia o traballo. Con todo, non pode deixalo: gústanlle demasiado as cousas bonitas.
A semana previa a un team building organizado pola súa empresa, a ansiedade de Marisa dispárase; compartir unha fin de semana enteira cos seus compañeiros resúltalle insoportable e o recordo enterrado dunha traxedia ocorrida tempo atrás volve para atormentala. A medida que pasan os días, a súa máscara social, tan coidada e puída ao longo dos anos, irase rachando ata facelo voar todo polo aire.
Esta novela é un dardo afiado que atravesa ao lector con cada palabra. Unha radiografía maxistral sobre as crises vividas por calquera persoa que traballa; sobre a soidade, a necesidade de vínculos e conexións para atopar a faísca e non tirarse diante dun autobús un luns pola mañá.
Adultos/as