Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Decamerón : 10 historias seleccionadas / Giovanni Boccaccio ; tradución, Esther Benítez ; ilustracións, Alex Cerveny; selección e introdución, Maurício Santana Dias

por Boccaccio, Giovanni (1313-1375) [autor/a]; Benítez, Esther (1937-2001) [tradutor/a]; Cerveny, Alex (1963-) [ilustrador/a]; Santana Dias, Maurício [prologuista].
Tipo: MonografíaEditor: Barcelona : Libros del Zorro Rojo , 2017 Edición: 1ª ed.Descrición: 128 p. : il. col. ; 28 cm.ISBN: 9788494674457.Materia(s): Clásicos | Literatura UniversalRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Azoutada pola peste negra, a Florencia do século XIV é o marco no que sete mulleres e tres homes se reúnen para exaltar os deleites da vida e facerlle fronte ao triunfo da morte. Retirados no campo, nos xardíns dun castelo abandonado, este grupo entregarase á narración de historias sensuais e pícaras, xa que «nunha boa historia obteñen tanto pracer quen a narra como quen a escoita». As voces e personaxes femininos prevalecen nesta obra, sobre a cal o propio Boccaccio sostivo: «Quen ousará negar que isto se avén máis ás belas mulleres que aos homes? […] Ás mulleres que aman, propóñome contar cen historias […]. Aqueles e aquelas que as lean teñen a libre elección: escollan as que lles acomoden e deixen ao carón todas as demais […]. Se atopades algún pracer na lectura destes contos, o autor invoca a vosa indulxencia». Erotismo, chanzas, sensualidade, enganos, embustes e demais pecados e picardías da sociedade humana son despregados nestas fábulas que recollen a profunda influencia que o clasicismo e Dante exerceron sobre o seu autor.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Enrique Muruais
Sala préstamo
82-N BOC dec Dispoñible LED036000008008

O Decamerón —homenaxe á tradición oral e á maxia da arte de narrar; equivalente occidental de As mil e unha noites— constituíuse no libro europeo máis difundido despois da Biblia.

Azoutada pola peste negra, a Florencia do século XIV é o marco no que sete mulleres e tres homes se reúnen para exaltar os deleites da vida e facerlle fronte ao triunfo da morte. Retirados no campo, nos xardíns dun castelo abandonado, este grupo entregarase á narración de historias sensuais e pícaras, xa que «nunha boa historia obteñen tanto pracer quen a narra como quen a escoita». As voces e personaxes femininos prevalecen nesta obra, sobre a cal o propio Boccaccio sostivo: «Quen ousará negar que isto se avén máis ás belas mulleres que aos homes? […] Ás mulleres que aman, propóñome contar cen historias […]. Aqueles e aquelas que as lean teñen a libre elección: escollan as que lles acomoden e deixen ao carón todas as demais […]. Se atopades algún pracer na lectura destes contos, o autor invoca a vosa indulxencia».

Erotismo, chanzas, sensualidade, enganos, embustes e demais pecados e picardías da sociedade humana son despregados nestas fábulas que recollen a profunda influencia que o clasicismo e Dante exerceron sobre o seu autor.

1º-2º BAC

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha