No tocarás / Nuria Pérez
por Pérez, Nuria [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-N PER toc | Dispoñible | LED036000007931 |
|
Verán de 1873. O Alexandra Palace acaba de inaugurarse nos arredores de Londres e a vida tranquila da moza Mary Hessler, que traballa moi preto de alí, está a piques de cambiar. Unha noite cometerá un acto inconfesable que, moitos anos despois, será decisivo tamén para Adela Ferri e Marta Soler.
Verán de 1998. Marta, unha celadora no Museo Sorolla, leva meses intercambiándose mensaxes secretas cun descoñecido e os seus días transcorren entre hipóteses sobre quen estará detrás dese xogo e paseos polas rúas de Madrid. Mentres, en Londres, Adela afronta como pode a crise do seu matrimonio e séntese protagonista dunha estraña realidade que ela, a pesar de dedicarse á escritura, non consegue definir.
Separadas no tempo e o espazo, pero unidas por un percorrido marcado pola culpa, os condicionamentos sociais, a obsesión e a procura do amor, as historias de Mary, Adela e Marta demóstrannos que, ás veces, basta cortar un fío para que todo se derrube ao noso ao redor, e que cada decisión que tomamos é unha peza de dominó que cae sobre as demais.
Desbordante de imaxinación e forza evocativa, con diálogos e escenarios espléndidos, No tocarás é a primeira novela de Nuria Pérez, creadora do exitoso pódcast Gabinete de Curiosidades.
Unha bela e emotiva historia que nos lembra que non hai maior liberdade que a de ser donos do propio destino.
Adultos/as
1º-2º BAC