La nostalgia de la Mujer Anfibio / Cristina Sánchez-Andrade
por Sánchez-Andrade, Cristina [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-N SAN nos | Dispoñible | LED036000008104 |
|
Tres mulleres marcadas por un naufraxio. Galicia como escenario entre tremendista e surreal nunha novela cegadora.
A anciá Lucha está a piques de morrer asasinada polo seu marido ante a mirada atónita da súa neta. A orixe do rancor acumulado durante décadas remóntase á madrugada do 2 de xaneiro de 1921. A moza Lucha viviu o naufraxio do vapor Santa Isabel na bocana da ría de Arousa, fronte á illa de Sálvora. Mentres os homes celebraban a chegada do aninovo, as mulleres enfrontábanse soas ao rescate dos náufragos lanzándose ao mar coas súas dornas. Foron consideradas heroínas, pero tamén se escoitaron rumores acerca de comportamentos non tan épicos, nos que convivían a cobiza e a pillaxe. Aquela noite Lucha acudiu á praia vestida de noiva: arrastraba a súa longa cabeleira, e deixou que a confusión a conducise fronte un náufrago espido pero tocado cun chapeu de copa. Quen era? Un músico inglés ou a encarnación do diaño? Por que Lucha acabou espida coma el? O que sucedeu aquel día marcará a súa vida, a da súa filla e tamén a da súa neta.
A combinación dun feito histórico de enorme repercusión no seu día, coa ficción permite a Cristina Sánchez-Andrade facer un singular percorrido por tres xeracións de mulleres dunha pequena comunidade pesqueira chea de personaxes memorables (como o enigmático hippie Stardust, ou a recatada Jesusa). Unha vez máis, a autora mestura con pericia o realismo máis cru co delirio surreal, convocando certeiros aromas do tremendismo de Cela, o realismo máxico de Cunqueiro e o esperpento de Valle-Inclán. O resultado é unha novela fascinante: unha reflexión sobre a memoria na que interveñen secretos e celos, a culpa colectiva e o desexo feminino; un desafío ao lector, escrito cunha destreza técnica e unha prosa excepcional, capaz de crear un xogo hipnótico que non conclúe ata a última páxina.
Adultos/as