Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A idade do ferro : La edad del hierro, The iron age / José M. Salgado

por Salgado, José Manuel [autor/a].
Tipo: MonografíaSeries: Colección: Imaxes dun país.Editor: Coruña : Editorial Canela , 2018 Descrición: 255 p. : il. col Reprodución fotográfica asinada de 21 x 15 cm. Exemplar 14 de 200.ISBN: 9788409038350.Materia(s): Deputación Provincial de Lugo | Oficios -- Ferreiros | Galicia | AsturiasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias. Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres retratados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro. Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir. O libro contén, ademais, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Gallego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu do Pueblu d´Asturies).
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Enrique Muruais
Sala préstamo
39 SAL ida Dispoñible LED036000007759

Edición especial numerada, firmada polo autor e limitada a un total de 200 exemplares, composta por este libro e unha reprodución fotográfica a tamaño 21 x 15 cm. Exemplar 14 de 200.

Incluído na colección “Imaxes dun País”, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: “Terras do Miño”, “Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias.

Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres retratados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.

Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.

O libro contén, ademais, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Gallego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu do Pueblu d´Asturies).

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha