000 02497nam a22002415i 4500
008 151119s2015 sp e 000 f glg d
017 _aVG 655-2015
020 _a9788499149417
080 _a821.134.4-3"20"*V*F
100 1 _aRivas, Manuel
_d(1957-)
_eaut
_925756
245 1 2 _aO último día de Terranova
_c/ Manuel Rivas
250 _a1ª ed.
260 _aVigo
_b: Edicións Xerais de Galicia
_c, 2015
300 _a250 p.
_c; 22 cm
490 1 _aNarrativa
_v; 384
520 3 _aA libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro. Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.
521 _aADU
_aBAC
650 7 _aLiteratura galega
_9189650
650 7 _aNovela histórica
_9189651
650 7 _aLibros
_91565
856 _uhttps://www.xerais.gal/autor/manuel-rivas/
997 _e2