000 02733nam a2200253 i 4500
008 220627s2022 sp e spa
017 _aB. 19115-2021
020 _a9788433999399
080 1 _a821.134.2-3"20"
100 _aSánchez-Andrade, Cristina
_eaut
_993881
245 3 _aLa nostalgia de la Mujer Anfibio
_c/ Cristina Sánchez-Andrade
250 _a1ª ed., enero 2022
260 _aBarcelona
_b: Anagrama
_c, 2022
300 _a272 p.
_c; 22cm
520 3 _aTres mulleres marcadas por un naufraxio. Galicia como escenario entre tremendista e surreal nunha novela cegadora. A anciá Lucha está a piques de morrer asasinada polo seu marido ante a mirada atónita da súa neta. A orixe do rancor acumulado durante décadas remóntase á madrugada do 2 de xaneiro de 1921. A moza Lucha viviu o naufraxio do vapor Santa Isabel na bocana da ría de Arousa, fronte á illa de Sálvora. Mentres os homes celebraban a chegada do aninovo, as mulleres enfrontábanse soas ao rescate dos náufragos lanzándose ao mar coas súas dornas. Foron consideradas heroínas, pero tamén se escoitaron rumores acerca de comportamentos non tan épicos, nos que convivían a cobiza e a pillaxe. Aquela noite Lucha acudiu á praia vestida de noiva: arrastraba a súa longa cabeleira, e deixou que a confusión a conducise fronte un náufrago espido pero tocado cun chapeu de copa. Quen era? Un músico inglés ou a encarnación do diaño? Por que Lucha acabou espida coma el? O que sucedeu aquel día marcará a súa vida, a da súa filla e tamén a da súa neta. A combinación dun feito histórico de enorme repercusión no seu día, coa ficción permite a Cristina Sánchez-Andrade facer un singular percorrido por tres xeracións de mulleres dunha pequena comunidade pesqueira chea de personaxes memorables (como o enigmático hippie Stardust, ou a recatada Jesusa). Unha vez máis, a autora mestura con pericia o realismo máis cru co delirio surreal, convocando certeiros aromas do tremendismo de Cela, o realismo máxico de Cunqueiro e o esperpento de Valle-Inclán. O resultado é unha novela fascinante: unha reflexión sobre a memoria na que interveñen secretos e celos, a culpa colectiva e o desexo feminino; un desafío ao lector, escrito cunha destreza técnica e unha prosa excepcional, capaz de crear un xogo hipnótico que non conclúe ata a última páxina.
521 _aADU
650 _aIntriga
_98294
650 _aVida cotiá
_91378
650 _aSurrealismo máxico
_9234039
651 _aSálvora
_xNovelas
_9234040
856 _uhttps://www.anagrama-ed.es/libro/narrativas-hispanicas/la-nostalgia-de-la-mujer-anfibio/9788433999399/NH_686
997 _e2