Figuras ocultas / Jason Rekulak ; ilustracións de Wil Staehle e Doogie Horner ; tradución do inglés de Ana Isabel Sánchez.
por Rekulak, Jason [autor/a]
; Staehle, Will [ilustrador/a]
; Horner, Doogie [ilustrador/a]
; Sánchez, Ana Isabel [tradutor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Enrique Muruais Sala préstamo | 82-N REK fig | Dispoñible | LED036000007435 |
|
Recentemente saída de rehabilitación pola súa pasada adicción ás drogas, Mallory Quinn acepta un traballo como aia para Ted e Caroline Maxwell.
A Mallory axiña lle encanta o seu traballo, dálle xusto a estabilidade que buscaba. E adora a Teddy, un neno tímido que vai a todas partes co seu caderno de bosquexos e o seu lapis. Os seus debuxos mostran cousas normais: árbores, coellos, globos... Ben, e ás veces tamén a unha muller de aspecto estraño, a súa amiga imaxinaria.
Pero un día no caderno aparece algo diferente: un home que vai arrastrando un corpo no medio dun bosque.
Aos poucos, os debuxos de Teddy vólvense cada vez máis sinistros e as súas figuras de pau convértense en ilustracións realistas, cuxa destreza supera a de calquera neno de cinco anos. É entón cando Mallory empeza a preguntarse non só polo contido das ilustracións, senón tamén polo autor. Porque e se realmente non é Teddy quen as está a facer? E se se trata de... alguén máis?
Con este thriller sobrenatural, Jason Rekulak dá un enxeñoso xiro á clásica historia de terror cunha casa chea de segredos arrepiantes e talvez unha narradora non moi fiable. Ou si?
1º-2º BAC
3º-4º ESO