Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Edelmiro Méndez . Colección. Imaxes dun país. Vol. 4 : Da terra que fomos / dos textos: José M. Salgado, Xosé Manuel Méndez, Xoan Cuba, Anxo Fernández Ocampo

por Quintana, Pablo [editor/a].
Tipo: MonografíaSeries: Imaxes dun país Vol. 4.Editor: A Coruña : Editorial Canela , 2023 Edición: 1ª.Descrición: 276 p. : Imaxes en branco e nego ; 225x230x20 mm.ISBN: 9788409411382.Materia(s): Cultura popular -- Novelas | Fotografía | A Pontenova -- FotografíasResumo: O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz, contén 226 fotografías das que 219 foron tomadas por Edelmiro Méndez entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lucense da Pontenova, conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas, cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois. A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e por exercer anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo. O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas, romarías, xogos, diversións, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola, festivo etc. Completan a obra os textos de bos coñecedores da obra fotográfica de Edelmiro Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo, e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Enrique Muruais
Sala préstamo
77 QUI ede Dispoñible LED036000007558

O cuarto volume da colección IMAXES DUN PAÍS, que agora sae á luz,
contén 226 fotografías das que 219 foron tomadas por Edelmiro Méndez
entre os anos 1957 e 1964 no actual concello lucense da Pontenova,
conformando un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que
representa a sociedade local tradicional, recoñecible aínda por moitas persoas,
cando iniciaba a transformación que se consolidaría anos despois.

A través dunha mirada limpa e ordenada, chea de maxia, os suxeitos transcenden
o obxectivo da cámara fotográfica mostrando unha profunda complicidade co
fotógrafo, con quen mantiñan unha relación próxima propiciada pola súa empatía e
por exercer anteriormente como zapateiro e gaiteiro, e tamén porque a súa
esposa Pilar rexentaba unha taberna en Xinzo.

O discurso visual do libro percorre o ciclo vital das persoas, que o fotógrafo
rexistra desde o nacemento ata a morte, nas festas lúdicas e relixiosas,
romarías, xogos, diversións, vodas, mallegas e outros aspectos do ciclo agrícola,
festivo etc.

Completan a obra os textos de bos coñecedores da obra fotográfica de Edelmiro
Méndez, como son: Xosé Manuel Méndez, o seu fillo maior; José
M. Salgado, fotógrafo profesional e editor gráfico desta obra; Anxo Fernández
Ocampo, especializado en antropoloxía visual e docente na Universidade de Vigo,
e Xoán Ramiro Cuba, etnógrafo e escritor.

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha